Da colaboración eTwinning ao Erasmus+: unha experiencia de aprendizaxe compartida- From eTwinning Collaboration to Erasmus+: A Shared Learning Experience.

 

As nosas socias italianas visitan o noso centro grazas a Erasmus+

Durante os últimos dous anos tivemos a oportunidade de colaborar con varios centros educativos italianos en diferentes proxectos eTwinning, compartindo experiencias, aprendizaxes e iniciativas que enriqueceron a nosa práctica docente e a formación do noso alumnado.

Grazas ao financiamento do programa Erasmus+, dúas das nosas socias italianas realizaron unha estancia de job shadowing no noso centro. Durante varios días puideron coñecer de primeira man o noso día a día, observar o funcionamento das aulas e descubrir diferentes metodoloxías e estratexias educativas que empregamos no noso labor docente.

Esta visita supuxo unha excelente oportunidade para intercambiar boas prácticas, reflexionar sobre os retos actuais da educación e fortalecer os lazos de colaboración que levamos construíndo ao longo destes dous anos. Ademais das actividades profesionais, tamén compartimos momentos de convivencia e visitas culturais que nos permitiron seguir aprendendo uns dos outros nun ambiente máis distendido.

No seguinte vídeo recollemos algúns dos momentos máis destacados desta enriquecedora experiencia, que pon de manifesto o valor da cooperación europea e a importancia de seguir creando pontes entre escolas de diferentes países.

Our Italian Partners Visit Our School Through Erasmus+

Over the past two years, we have had the opportunity to collaborate with several Italian schools through different eTwinning projects, sharing experiences, learning opportunities and initiatives that have enriched both our teaching practice and our students' learning experience.

Thanks to Erasmus+ funding, two of our Italian partners carried out a job shadowing visit at our school. During their stay, they were able to observe our daily routines, visit classrooms and learn about the different methodologies and educational approaches we use in our teaching practice.

This visit provided an excellent opportunity to exchange good practices, reflect on current educational challenges and strengthen the bonds of cooperation that we have been building over the last two years. In addition to the professional activities, we also enjoyed time together outside the classroom, including a cultural visits that allowed us to continue learning from one another in a more informal setting.

The following video highlights some of the most memorable moments of this enriching experience, which demonstrates the value of European cooperation and the importance of building lasting connections between schools across Europe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

🎨✨ Aulas que pintan, cantan… ¡y sienten! - 🎨✨ Classrooms that paint, sing… and feel!

✍️🌼 ¡Nueva actividad: escritura de haikus!

Beginning