O CEIP de Tarrío, en "La Voz de Galicia"! :)
📰🌍 O CEIP PLURILINGÜE DE TARRÍO, EN "LA VOZ DE GALICIA"! 🎉 Estamos de noraboa! O noso centro foi protagonista dunha reportaxe publicada en La Voz de Galicia o pasado 17 de outubro, na que se destaca o noso traballo nos proxectos eTwinning e a nosa participación en iniciativas de colaboración europea. 🌱 A noticia céntrase no proxecto “Five Roots, One Future” , no que traballamos xunto con centros educativos de Francia, Italia, Grecia e Chipre para crear, entre todos, unha escola virtual europea baseada en cinco valores fundamentais: identidade, creatividade, democracia, sustentabilidade e inclusión . 🍃 O alumnado de 4.º e 6.º de Primaria xa está a traballar no primeiro reto, explorando a contorna do colexio a través dos cinco sentidos. Fotografías, gravacións de sons, texturas e receitas tradicionais axúdannos a descubrir e compartir aquilo que fai especial a nosa comunidade. 💻🇪🇺 A reportaxe tamén destaca o recoñecemento do noso centro co Selo eTwinning School 2026-2...