Abrindo portas a Europa: o CEIP Plurilingüe de Tarrío, eTwinning School 2026-2027. Opening doors to Europe: CEIP Plurilingüe de Tarrío, eTwinning School 2026-2027.
🌍 O CEIP Plurilingüe de Tarrío, recoñecido como eTwinning School 2026-2027 O CEIP Plurilingüe de Tarrío vén de recibir unha excelente nova: o centro foi recoñecido como eTwinning School 2026-2027 , un selo europeo que distingue aos centros educativos comprometidos coa innovación, o traballo colaborativo e a dimensión internacional da educación. Este recoñecemento, concedido a través da plataforma eTwinning, pon en valor o esforzo realizado nos últimos cursos por integrar os proxectos europeos na vida do centro e fomentar unha aprendizaxe aberta, participativa e conectada con outros países. 🚀 Un camiño de transformación Este logro non é froito da casualidade, senón do traballo continuado do profesorado e do alumnado. Nos últimos anos, o centro iniciou un proceso de internacionalización que o levou de non contar con experiencia en programas europeos a participar activamente en proxectos eTwinning. Un exemplo deste percorrido foi o proxecto “Let’s Sing Together” , recoñecido c...