🌱 Five Roots, One Future: comezamos unha nova aventura europea 🇪🇺
🌍🌱 NO CEIP PLURILINGÜE DE TARRÍO COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA ETWINNING! 🎉 🇪🇸🇮🇹🇬🇷🇫🇷🇨🇾🇪🇺 Este curso embarcámonos no proxecto “Five Roots, One Future” , unha iniciativa europea na que traballaremos xunto con centros educativos de Italia, Grecia, Francia e Chipre . 🤝 🌍 Pero… en que consiste o proxecto? Partiremos dunha pregunta: 💭 Como imaxinamos a escola europea do futuro? Ao longo do proxecto, o alumnado terá a oportunidade de coñecer outros nenos e nenas europeos, compartir ideas e traballar de maneira cooperativa para deseñar a súa escola ideal: unha escola inclusiva, sostible, segura, respectuosa coa diversidade e aberta ás diferentes linguas e culturas de Europa . 🏫💚 🌳 Cada país será unha das raíces dunha árbore común. Porque, aínda que cada comunidade ten a súa propia identidade, lingua e cultura, todas as raíces son necesarias para facer medrar unha mesma árbore: o noso futuro común en Europa . 🌱 Durante esta aventura traballaremos, entre outros aspectos, a ...